We use cookies to provide the services that you require in our site. These services include starting a user session, language preferences and security elements. Our cookies are essential for the correct functioning of this application
O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é ser pescador, pero só co corazón, porque nunca lle vin pescar nada. Eu son filósofa, unha filósofa pequena, e esta historia que comeza como acaba é un remuíño acuático de peixes con perruca e sereas saudosas que brillan como estrelas