Rosalia feminista / Rosalía de Castro
by
Castro, Rosalía de [Author]
; González Fernández, Helena [Publisher]
.
Type: 


Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | Asesoría de Bibliotecas Escolares Sala préstamo | 82 CAS ros | 1 | Checked out | 15/11/2022 | CEL009000003006 |
|
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.