O logo LF (lectura fácil) identifica os materiais que seguen as directrices internacionais da IFLA para persoas con dificultades lectoras. Obras de autores/as contemporáneos/as para achegaren a narrativa a todos/as os/as lectores/as.
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en Nova York en 1911 onde moitas mulleres traballaban a cambio de soldos baixísimos e sen medidas de seguridade mentres os donos se enriquecían. Reflicte unha loita que, co tempo, levou a transformación da sociedade.
5º-6º Primaria