Tres bichicomas, dúas illas e unha serea / Rosa Aneiros, ilustracións de Abi Castillo
by
Aneiros, Rosa (1976-)
; Castillo, Abi
.
Type: 






Item type | Current location | Call number | Status | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | Asesoría de Bibliotecas Escolares Sala préstamo | 82 ANE bic | Available | CEL009000003643 |
|
Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chamánlle así polo avo Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles!
Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.