Esta é a historia de tres mulleres que o perderon todo. Incluso o medo. Por iso son tan perigosas. Esta é a historia dunha vinganza imposible, sen ningunha posibilidade de éxito. Esta é a historia de tres mulleres que se atreven a facer o que os demais só nos atrevemos a imaxinar. Algo moi poderoso está a piques de ocorrer. E nada volverá ser igual.